Tipo | liga de béisbol |
---|---|
Organizador | Major League Baseball |
Parte de | National League |
Localización e Datas | |
País | Estados Unidos de América |
Vixencia | 1969 – |
Competición | |
Primeiro posto | Atlanta Braves |
A National League East ou Liga Nacional Leste é unha das tres divisións da Liga Nacional da Major League Baseball (MLB). A división foi creada cando a Liga Nacional, xunto coa Liga Americana, aceptou dous novos equipos de expansión, dividíndose en dúas divisións: a Leste e a Oeste. Até a creación dunha terceira división en 1993, os Philadelphia Phillies e os Pittsburgh Pirates foron os equipos máis existosos da mesma.[1] Con todo, o equipo con máis títulos desta división son os Atlanta Braves, os cales gañaron a maior parte dos seus títulos durante unha xeira de catorce aparicións consecutivas nos playoffs.